jueves, 5 de febrero de 2009

impórtache un pemento?


...cando queiras dicir que as cousas che importan ben pouco, que o mundo pare!, que ti baixas...cando esteas preparado/a para os ritmos de patosos...BAILA MÚSICA FÉLIZ!!!
CLOSING TIME
TOM WAITS

Este traballo, o primeiro de Tom Waits, consérvase como un dos mellores deste cantante, cunha superficie netamente jazzística, Waits destripa con serenidade e dende posturas acústicas, englobadas tamén en travesías folk e country. Inclúe "I hope that I don't fall in love with you", "Rosie", "Lonely", "Ice Cream Man", "Grapefruit moon", o instrumental "Closing Time" e sobre todo, "Ol'55" e "Martha" (marabilloso relato sobre a nostálxica conversación telefónica entre dous antigos e maduros amantes), son todas historias creadas por Waits e interpretadas por este mestre da arte musical contempóranea.

Pistas do CD:
1. Ol'55
2. I hope that I don't fall in love with you.
3. Virginia avenue
4. Old shoes (and picture postcards)
5. Midnight lullaby
6. Martha
7. Rosie
8. Lonely
9. Ice cream man
10. Little trip to heaven
11. Grapefruit moon
12. Closing time

artista: Tom Waits

martes, 27 de enero de 2009

algo dos veraneantes

Os veraneantes arrasaron no festival de Cans, a sua andaina comezou con presas, deverían estar por alí as 11.30, e os primeiros veraneantes chegaron as 12. Logo de agardar por mais xente, preparar todo, e carretar instrumentos a toda hostia, Os veranentes fixeron a sua primeira actuación para a radio galega dentro do programa extrarradio, foi curioso, pero despois de estar toda a mañá chovendo, cando os veraneantes remataron a súa peza, o sol saiu!! tentouse tocar despois no bar Fortes, pero o luto na casa nos fixo desistir, xarra de viño, empanada e pa fora, que a festa ainda estaba empezando.Entrada triunfal no torreiro, meia hora de verbena e a comer!Logo de comer comezaba a procesion de chimpibuses, Os veraneantes encabezaban esa procesión tocando a marcha de San Roque diante dos chimpins moi engalanados para a ocasión. Cheghar e encher... Pronto chegaron os tickets de bebida que nos facilitou a organización e pronto se foron....Mentres os Cuchufellos facian sua proba de son, a sección gaiteira, percutiva e trombonil, montabaa boa no bar de debaixo do torreiro, con bailes enriba da barra incluidos. Comezaba a etapa cubatal....Seguinte acto, concertazo dos Cuchufellos , todo o torreiro a bailar .....Nova actuación dos Veraneantes, e fin da veraneada en Cans....Entrega de premios e tremendo concertazo de Tony Lomba e Elio dos Santos con final apoteosico, todo o torreiro dando vivas a España, lembrandose da súa bandeira e do noso heroe nacional Rodolfo Chikilicuatre.... Se non fostes... podedes mirar